Publicado por: vixia | 15 Maio 2009

Conferencia Visio 2009

Vitoria-Gasteiz acollerá a terceira edición da Conferencia VISIO, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións Europa os días 4 e 5 de xuño de 2009.

VISIO 2009 é o encontro internacional, para compartir e debater sobre aspectos relacionados coa Vixilancia Tecnolóxica e a Intelixencia Competitiva, que organizan BAI Axencia ­de Innovación de Bizkaia, LEIA Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Álava, SPRI Sociedade para a Promoción e Reconversión Industrial e MGEP-MU Mondragon Goi Eskola Politeknikoa como co-organizador.
Para máis información e inscricións: http://www.conferencia-visio.com/

A quen decidan acudir a esta cita e aproveiten para unirse á asociación ASEPIC (Asociación Española para la Promoción de la Inteligencia Competitiva) terán un desconto na inscrición de Visio 2009.

Os prezos para profesionais quedarían como seguen:
280 Euros (130 € inscrición en Visio2009 150 € suscrición anual a ASEPIC)
para os inscritos ata o 15 de Maio incluído
330 Euros (170 € inscrición en Visio2009 150 € suscrición anual a ASEPIC)
para os inscritos despois do 15 de Maio

Os prezos sen descontos en ambos casos son os seguintes:
260 € inscrición en Visio2009 ata o 15 de Maio e 325 € logo desa data
250 € suscrición anual a ASEPIC

ASEPIC é o resultado da reunión de diversas iniciativas para o coñecemento e o fomento da Intelixencia Competitiva emprendidas nos últimos anos por profesionais, académicos, empresas e organizacións públicas do noso país, entre as que se atopa a Sociedade Española para a Promoción da Intelixencia Competitiva
(SEPIC), sen as cales non sería posible o nacemento desta asociación.

Máis información: e.benjumeda@infoline.es


Respostas

  1. [...] Información sobre os descontos. [...]


Categorías

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.