Publicado por: vixia | 6 Outubro 2009

Movemonos ó novo blog.

Dende a unidade comunicamoslles que nos movemos ó novo blog da “Unidade de Vixilancia e Transferencia de Texnoloxía”.

Este novo blog atopase na direccion http://www.vixia.info

Rematado o tercer trimestre do ano, elaborouse na Unidade de Vixilancia e Transferencia de Tecnoloxía o segundo Boletín de solicitudes de patentes en Galicia.

Neste boletín recollense todas as patentes solicitadas na Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) durante o tercer trimestre de 2009 con orixe galego.

O boletín consta de duas partes, unha listaxe estadística e unha listaxe de patentes.

Boletín de solicitudes de patentes en Galicia durante o tercer trimestre. (PDF)

Publicado por: vixia | 14 Setembro 2009

Reserva de hoteis no Murcia Food

Adxuntamos información remitida pola organización do evento Murcia Food sobre descontos nos prezos dos hoteis dirixida aos participantes do Murcia Food.

A día de hoxe hai 83 perfís tecnolóxicos inscritos no catálogo do evento, sendo 27 deles demandas tecnolóxicas provintes a gran maioría de empresas españolas.

Dende a Unidade queremos animar ás empresas galegas a participar neste tipo de eventos que poden ser unha excelente oportunidade para establecer colaboracións e acordos a nivel estatal e internacional.

Hoteis Murcia Food. (PDF)

Información relacionada:

Que é un brokerage event?
O Murcia Food
Programa do Murcia Food. (PDF)
Catálogo do Murcia Food

Publicado por: vixia | 22 Xullo 2009

Galactea-Plus 2009

A continuación presentámoslles algúns datos extraídos do informe que presentaremos próximamente á Comisión Europea para xustificar o noso primeiro período de actividade.
Os datos están relacionados coa nosa actividade principal de fomento da transferencia de tecnoloxía e comprenden os seis primeiros meses de 2009:

  • Difusión ás empresas galegas de 443 ofertas e 103 demandas tecnolóxicas provintes dos 44 países pertencentes á Enterprise Europe Network.
  • Difusión de 16 ofertas e 1 demanda tecnolóxica galegas a través da Enterprise Europe Network
  • Recepción de 186 mostras de interese, actualmente 45 atópanse en fase de negociación
  • Consecución de 1 acordo de transferencia de tecnoloxía

Dende aquí queremos agradecer aos usuarios do servizo a súa participación e animamos as empresas e institucións galegas que todavía non nos coñezan a porse en contacto con nós.

Alta Galactea-Plus

Publicado por: vixia | 21 Xullo 2009

Próxima publicación da Guía de Vixilancia Tecnolóxica

O pasado 23 de xuño celebrouse na sede de AENOR en Madrid a última reunión do grupo de traballo GT6/CTN166, o CIS Galicia como membro do grupo estivo representado pola responsable da Unidade, Rosa Freire Corzo.

O grupo de traballo constituído para a elaboración da Guía de Vixilancia Tecnolóxica baseada na Norma UNE 166.006:2006 EX. culminou a redacción do borrador da Guía que publicará próximamente AENOR na súa versión definitiva.

Información relacionada:

O CIS Galicia asiste á reunión do grupo do traballo GT6/CTN166 de Aenor

Publicado por: vixia | 2 Xullo 2009

Programa do Murcia Food

Achegamos o programa da IV edición Murcia Food Brokerage Event e do IV Simposium Internacional sobre Tecnoloxías Alimentarias.

Programa do Murcia Food. (PDF)

Os interesados en participar no evento poden consultar na seguinte ligazón os perfís tecnolóxicos inscritos ata o momento no catálogo do evento.

Información relacionada:

Que é un brokerage event?
Murcia Food

Rematado o segundo trimestre do ano, elaborouse na Unidade de Vixilancia e Transferencia de Tecnoloxía o segundo Boletín de solicitudes de patentes en Galicia.

Neste boletín recollense todas as patentes solicitadas na Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) durante o segundo trimestre de 2009 con orixe galego.

O boletín consta de duas partes, unha listaxe estadística e unha listaxe de patentes.

Boletín de solicitudes de patentes en Galicia durante o segundo trimestre. (PDF)

Neste boletín recollense todas as patentes solicitadas na Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) durante o primeiro trimestre de 2009 con orixe galego.

O boletín consta de duas partes, unha listaxe estadística e unha listaxe de patentes.

Boletín de solicitudes de patentes en Galicia durante o primeiro trimestre. (PDF)

Publicado por: vixia | 16 Xuño 2009

Murcia Food

O 26 e 27 de outubro vaise celebrar en Murcia a IV edición do evento de transferencia de tecnoloxía MURCIA FOOD BROKERAGE EVENT. Este evento internacional pretende ser o punto de encontro internacional para os organismos interesados nas últimas tecnoloxías europeas do sector agroalimentario, especialmente as relacionadas coas seguintes áreas temáticas: deseño hixiénico de instalacións e seguridade alimentaria, biotecnoloxía, envases e tecnoloxías de conservación, automatización e control de procesos.
food

De forma paralela ao evento o “IV Simposium Internacional sobre Tecnologías Alimentarias” achegará aos asistentes as últimas novidades do sector.

A última edición do Food, levada a cabo no 2007, contou coa participación de 285 empresas de 25 países, que concertaron preto de 1000 entrevistas bilaterais a través dun catálogo de 300 ofertas e demandas tecnolóxicas.

O MURCIA FOOD é unha iniciativa do consorcio SEIMED da Enterprise Europe Network, organizado polo Instituto de Fomento de la Región de Murcia en colaboración co Centro Tecnológico Nacional de la Conserva y Alimentación e o Instituto Tecnológico Agroalimentario (AINIA).

O CIS Galicia como membro do consorcio Galactea-Plus é coorganizador deste evento.

As entidades interesadas en participar poden contactar con galactea[en]cisgalicia.org para enviar antes do 9 de outubro os seus perfís tecnolóxicos ao catálogo do evento.

Máis información:
Murcia Food
Eventos de transferencia de tecnoloxía

Publicado por: vixia | 15 Xuño 2009

Brokerage event

Que é un brokerage event?

Un brokerage event ou evento de transferencia de tecnoloxía é un punto de encontro entre demandantes e oferentes de tecnoloxía nunha área tecnolóxica concreta. Organizados normalmente en paralelo a eventos de maior tamaño, como as grandes feiras sectoriais europeas, contan cunha grande aceptación entre as Pemes europeas máis innovadoras.

A Enterprise Europe Network organiza ao ano preto de 200 eventos de transferencia de tecnoloxía nos 45 países nos que está presente.

Quen pode participar?

Empresas e institucións que están a buscar ou ofrecer tecnoloxías innovadoras nun ámbito de negocios concreto e que teñen interese en establecer acordos de colaboración internacional.

Que hai que facer para participar?

Cada evento ten unha páxina web á disposición dos participantes a través da cal poderán introducir o seu perfil tecnolóxico. Os perfís tecnolóxicos incorpóranse a un catálogo on-line que permite que cada empresa inscrita no evento seleccione os perfís das empresas coas que desexa reunirse.

Previamente ao evento, os organizadores elaborarán e enviarán aos participantes unha axenda coas reunións que serán dunha duración aproximada de 30 minutos.

Onde se pode consultar o listado de eventos?

O listado completo de eventos pódese consultar no seguinte enderezo

Older Posts »

Categorías